Declaración de accesibilidade
O Ministerio de Cultura e Deporte comprometeuse a facer accesible os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018
, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web:
Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018
debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- Falta de conformidade co RD 1112/2018
- Nalgunhas páxinas, parte do contido non textual que se presenta ao usuario, non ten unha alternativa textual que cumpra o mesmo propósito [Criterio de Conformidade 1.1.1]
- En determinadas páxinas non existe unha audiodescrición para o contido de vídeo gravado que permita a unha persoa invidente coñecer o seu contido [Criterio de Conformidade 1.2.3]
- Nalgunhas páxinas a información, estrutura e relacións non están determinadas por software ou non teñen alternativa como texto. [Criterio de Conformidade 1.3.1]
- Nalgúns formularios, non se identifica o propósito dos campos de introdución de datos. [Criterio de Conformidade 1.3.5]
- Nalgunha páxina, o contraste entre o primeiro plano e o fondo nos compoñentes de interface de usuario e obxectos gráficos para que as persoas con baixa visión poidan ler o contido é insuficiente. [Criterio de Conformidade 1.4.11]
- Poderían existir algúns elementos de interacción inaccesibles a través do teclado. [Criterio de Conformidade 2.1.1]
- Nalgunhas páxinas existen compoñentes cun movemento automático que non dispón dun elemento para pausar. [Criterio de Conformidade 2.2.2]
- Os usuarios poden interactuar mediante o teclado, navegar secuencialmente polo contido, pero a información pode non encontrarse na orde correcta. [Criterio de Conformidade 2.4.3]
- Ao navegar por algunhas páxinas, a indicación do foco do teclado é insuficiente. [Criterio de Conformidade 2.4.7]
- Nos portais puideran existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetado correctamente o cambio de idioma. [Criterio de Conformidade 3.1.2]
- Carga desproporcionada
- Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
- Poderían existir documentos en PDF ou outros formatos ofimáticos e contidos multimedia que non cumpran na súa totalidade os requisitos de accesibilidade esixidos.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
A presente declaración de accesibilidade foi preparada o 1 de decembro de 2021.
O método empregado para a presente declaración foi unha avaliación levada a cabo por un terceiro, membro do World Wide Web Consortium W3C.
Última revisión da declaración: 1 de decembro de 2021.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:
- Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.
A través das seguintes vías:
As comunicacións serán recibidas e tratadas pola División de Tecnoloxías da Información do Ministerio de Cultura e Deporte.
Solicitudes de información accesible e queixas: De acordo co artigo 12 do RD 1112/2018, serán presentadas e rexistradas conforme aos requisitos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Pode iniciarse a través do formulario de Queixas, suxestións e felicitacións do Ministerio.
Procedemento de aplicación
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta tivese sido desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos considerados no artigo 12.5 do Real Decreto 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pode ser presentada través da sede electrónica do Ministerio con certificado dixital, así como utilizando calquera das opcións recollidas na Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade responsable de Accesibilidade do Ministerio de Cultura e Deporte.
Contido opcional
Estes sitios web:
- Deseñáronse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación coa accesibilidade, cumprindo cos puntos de verificación de prioridade 2 (AA) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 2.1)
- Cumpren cos requisitos da Norma UNE-EN 301549 v1.1.2:2015
considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018
- Están deseñados para a súa correcta visualización en dispositivos de escritorio, tablets e móbiles para unha resolución mínima de 1280x1024
- Están implementados utilizando HTML5 como linguaxe de marcado e follas de estilo CSS 3 para o seu deseño. Verificouse a accesibilidade mediante a ferramenta de validación do código HTML
sendo o resultado desta análise positiva
- Están deseñados para o seu uso con javascript non intrusivo, ofrecendo, no caso de que o seu navegador non o soporte, a súa correspondente alternativa non javascript.
- En caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non soporte follas de estilo, o marcado estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, visualizaranse as páxinas sen ningún tipo de formato visual.