Estación táctil

Accesibilidade

O Museo fai da accesibilidade universal un dos seus obxectivos prioritarios.

Para logralo pon a disposición das persoas con problemas auditivos, visuais e motores espazos e servizos adaptados, axudas específicas e recursos táctiles.

  

  Espazos interiores sen barreiras arquitectónicas

 Aseos adaptados para cadeiras de rodas

 Cadeiras de rodas dispoñibles no Gardarroupa

 Bucles magnéticos en punto de información, venda de entradas,gardarroupa, audiovisuais, Salón de actos e Sala de conferencias

 Planos táctiles da exposición permanente 

 Estacións tifolóxicas que forman parte da exposición e inclúen reproducións, maquetas e relevos táctiles

 Guías multimedia con audiodescrición e lingua de signos ou subtitulado sobre a exposición, as estacións táctiles e as pezas máis destacadas